O Sergas convoca a II Edición dos Premios de Innovación en Saúde

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), organismo dependente do Servizo Galego de Saúde, vén de convocar a II Edición dos Premios de Innovación en Saúde.

O obxectivo destes galardóns é o de incentivar as ideas innovadoras nas que traballan os profesionais sanitarios, no ámbito da Consellería de Sanidade e no seu sector público no ano 2020, para mellorar a calidade de vida das persoas e a sostibilidade do sistema sanitario público galego. O mesmo sucede coas propostas achegadas por persoas físicas
(pacientes, coidadores, etc), organizacións ou asociacións de pacientes sen ánimo de lucro.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A Axencia de Coñecemento en Saúde destaca a importancia estratéxica que ten para o Sergas a innovación sanitaria, coa introdución de novos servizos, de cambios organizativos e de novos produtos tecnolóxicos asociados a servizos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha