O Sergas convoca a máis de 3.000 carballeses para un novo cribado

1 minutes read
  • Será este mércores no centro de saúde de Carballo, en horario de mañá e tarde

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará este mércores un cribado na localidade de Carballo ante o aumento de positivos por Covid-19, que este martes se cifra en 53 afectados. En total están citadas arredor de 3.180 persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

As probas, test de PCR, realizaranse no centro de saúde de Carballo en horario de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas. Os convocados serán citados mediante unha mensaxe SMS.

Este cribado forma parte da actividade desenvolta pola área sanitaria de A Coruña e Cee para buscar casos asintomáticos.