O Sergas creará o ‘Código Fístula’ para diminuír o tempo entre a trombose e a súa revascularización

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou a creación do Código Fístula por parte do Servizo Galego de Saúde. Con el, o Sergas deseña un modo de actuación ou vía rápida para diminuír o tempo entre a trombose e a súa revascularización, por mor das complicacións que poden xurdir nos pacientes que se atopan en hemodiálise e sofren a trombose da fístula arterio-venosa.

Durante as súas palabras, Comesaña quixo “recoñecer o compromiso e liderado da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras porque conformaron o grupo inicial desde o que se desenvolveu todo este proxecto, que se transferirá ao resto de Galicia”. A área ourensá encabezou tanto o deseño do Código Fístula como a elaboración do Proceso Asistencial Integrado (PAI) da Enfermidade Renal Crónica (ERC) que inclúe un algoritmo co que detectar precozmente a enfermidade.

No que respecta a transplantes, o Sergas alcanzou no ano 2022 a cifra de 128 doantes de órganos, o que propiciou que se realizasen 296 transplantes nos hospitais galegos. En canto á especialidade da nefroloxía, 151 foron transplantes de ril, mentres que en 2021 os transplantes deste órgano foran 140.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?