40
O Sergas puxo en marcha un rexistro galego de tumores que xa ten o seu primeiro informe. Os resultados sitúan unha maior porcentaxe en homes e en maiores de 64 anos.
Ademais, destaca o cancro de pulmón, que xa se atopa nos tres primeiros entre homes e mulleres.
Rexistrouse unha incidencia de 619 tumores por cada 100.000 habitantes; cifra que sobe aos 765 para os homes e baixa aos 483 para as mulleres.
Tres de cada catro homes aos que se lles detecta un tumor superan os 64 anos. Non obstante, os datos das mulleres están máis repartidos en idades, e un 60,4 % das mulleres que sofren un tumor supera os 64 anos.
O cancro máis habitual nas mulleres segue a ser o de mama, no caso dos homes, o de próstata.