O Sergas está a realizar un novo cribado masivo en Arteixo


O Sergas está a levar a cabo un novo cribado en Arteixo, durará ata o 10 de marzo e será para a veciñanza de entre 18 e 65 anos. 

A proba, un test de antíxenos, lévase a cabo no Pazo dos Deportes da Avenida de Arsenio Iglesias. 

Todos os veciños comprendidos nesa franxa de idade serán citados mediante SMS nos seus teléfonos móbiles, en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas e en horario de tarde de 16:00 a 21:00 horas.