O Sergas incrementou durante o ano 2021 a actividade cirúrxica de tipo oncolóxico nun 11,8%

O Servizo Galego de Saúde realizou un total de 25.714 intervencións cirúrxicas vencelladas con patoloxías oncolóxicas, durante estes dous anos de pandemia.

En concreto, durante o ano 2020, a rede sanitaria pública galega levou a cabo un total de 12.136 operacións oncolóxicas, unha cifra que, durante o ano 2021, se incrementou nun 11’8% ata acadar as 13.578 intervencións cirúrxicas. Estas cifras, semellantes ás do período inmediatamente anterior á pandemia.

Nesta liña, cómpre destacar que desde xaneiro do ano 2008, no que entra en vigor a Lei de garantías de tempos máximos, o Servizo Galego de Saúde atendeu a un total de 175.288 pacientes -na súa meirande parte de tipo oncolóxico-, cumprindo os prazos establecidos por esta normativa. Así, durante os últimos catro anos, facilitou o acceso a probas diagnósticas en prazo a 66.321 persoas; o acceso a unha primeira consulta co especialista a 67.413 persoas; e unha intervención cirúrxica en menos de 60 días a 41.554 persoas.

Transcorridos máis de tres anos desde a posta en marcha do Plan Nacional de Terapias Avanzadas, en Galicia solicitáronse 48 tratamentos con terapia CAR-T, dos que finalmente foron autorizados polo grupo de expertos do Sistema Nacional de Salud, un total de 42 solicitudes de pacientes galegos. Deles, recibiron tratamento con CAR-T 26 pacientes, dos que 6, foron tratados en Galicia (4 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e 2 no Complexo Hospitalario Universitarios de Vigo).
Ademais, durante o pasado ano, a Xunta investiu 108 millóns de euros en tratamentos farmacolóxicos para pacientes oncolóxicos, o que supón un incremento do 6,41 %, respecto do ano 2020.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha