O Sergas inicia un novo curso de formación para a vacinación contra a covid-19


O obxectivo do curso é que o conxunto de profesionais de Enfermaría de primaria do Sergas coñezan as características das vacinas contra a covid-19, a súa loxística e as especificidades na súa administración.

Así, e de acordo co previsible incremento do número de vacinas que recibirá Galicia nas vindeiras datas, as persoas que completen esta actividade formativa poderán reforzar ao equipo de 200 enfermeiras que, desde o pasado 27 de decembro, desenvolven tarefas específicas de vacinación contra a covid-19.

Durante os días 9, 10 e 11 de marzo, os preto de 2.700 profesionais desta categoría sanitaria poderán acceder ao este ciclo de autoformación, que estará dispoñible na aula virtual da Axencia de Coñecemento da Saúde (ACIS). Neste senso, cómpre sinalar que os enfermeiros e enfermeiras do sistema público galego disporán de dúas horas, dentro do seu horario laboral, para acceder a plataforma. Ademais, unha vez superado o curso, ACIS remitirá ao Expediente-e (FIDES) un certificado de superación daqueles profesionais que finalicen con éxito a formación.