O SERGAS leva a cabo un cribado entre a poboación de Arteixo

Imaxe dunha proba epidemiolóxica_Xunta de Galicia

O SERGAS está a realizar un cribado masivo á población de Arteixo de entre 15 e 50 anos. Todos os veciños nesa franxa de idade están a ser citados mediante unha mensaxe nos seus teléfonos móbiles e durará ata este mércores 27 de xaneiro. O cribado lévase a cabo na Avenida de Arsenio Iglesias á altura do aparcamento do campo de fútbol e o instituto Manuel Murguía. Realízase en coche e recoméndase acceder a través da rotonda onde conflúen a Avenida de Figuieroa, a Avenida da Diputación e a Avenida de Arsenio Iglesias.