O Sergas, molesto co Fuenlabrada e coa Liga por coñecer os positivos pola prensa

O Fuenlabrada informou este xoves de que outros catro xogadores do club deron positivo por coronavirus aos que se podería engadir un quinto que deu un resultado «inconcluínte», nos tests aos que foron sometidos pola Xunta de Galicia.

O conxunto madrileño, a través dun comunicado oficial publicado na súa páxina web, ofreceu as novas cifras que elevan a dez o número de contaxiados na expedición que viaxou a Galicia para enfrontarse ao Deportivo para sumar un total de catorce positivos no club sumando as catro persoas que quedaron en Madrid.

A Xunta cargou contra LaLiga e o Club de Fútbol Fuenlabrada polos incumprimentos de forma «reiterada» da normativa sanitaria que obriga a comunicar ás autoridades competentes a existencia de enfermidades infecto-contaxiosas, como é o caso da Covid-19.

O departamento que encabeza o conselleiro en funcións Jesús Vázquez Almuiña informa de que a falta de comunicación do test realizados aos membros da expedición e os seus resultados serán incorporados ao expediente aberto o pasado luns por parte dos servizos de inspección de Saúde Pública.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha