viernes, 29 mayo , 2026

O Sergas oferta 327 prazas nas oposicións que se celebran esta fin de semana

1 minutes read

Esta fin de semana van continuar no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra), as probas selectivas da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde, iniciadas o pasado 18 de setembro. Esta fin de semana realizaranse os exames para cubrir 327 prazas.

Este sábado día 2 están convocados os aspirantes a cubrir 47 prazas de facultativo/a especialista de área de medicina interna e 63 de técnico/a superior de imaxe para o diagnóstico.

O domingo día 3, están convocados 1.108 aspirantes das categorías de facultativo/a especialista de área de análises clínicas, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, medicina intensiva, oftalmoloxía, pneumoloxía, radiodiagnóstico e técnico/a superior de hixiene bucodental, para cubrir 217 prazas. Delas, 207 corresponden a facultativo de área (691 aspirantes) e 10 a técnico/a superior de hixiene bucodental (417 admitidos).