O Sergas pon en marcha un ciclo de conferencias sobre a saúde mental en tempos da covid


A vindeira semana terá lugar o ciclo de conferencias “Saúde mental en tempos da covid”. Nestas, profesionais dos servizos de saúde mental do Sergas, coa colaboración do xornalista Sebastián Alvaro, impartirán, en cada unha das areas sanitarias, unha conferencia na que se abordarán os retos e as estratexias para o autocoidado emocional.

Estas conferencias enmárcanse dentro do desenvolvemento do Plan de apoio e atención ao personal da sanidade. Dito plan, posto en marcha en febreiro deste ano polo departamento sanitario galego, conta, entre as suas liñas de actuación, co fomento do autocoidado emocional do persoal e das habilidades de comunicación, así como o desenvolvemento dun programa de acompañamento aos profesionais desenvolto por profesionais da psicoloxía clínica e psiquiatría do Sergas.