37
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu no Parlamento de Galicia onde anunciou que o Sergas vai poñer en marcha unidades de seguimento multidisciplinares para os pacientes covid, nas que se levará a cabo unha abordaxe integral. A tal efecto, é necesario contar cun protocolo de atención a estes pacientes e cun plan funcional que abrangue os recursos de atención primaria e hospitalaria. As unidades estarán formadas por especialistas en medicina interna e pneumoloxía, atención primaria, enfermería, e contarán cun coordinador. Ademais, crearase un comité clínico post covid para atender e facer seguimento dos casos máis complexos.
