O Sergas publicará un decreto de oferta de emprego público de 973 prazas

Imaxe de arquivo de persoal sanitario

Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no pleno do Parlamento de Galicia, quen sinalou, tamén, que o seu departamento dialogará cos profesionais, área por área, para planificar a implantación das medidas en materia de contratación, prestación de servizos e recoñecemento de titulacións recollidas no Real Decreto-Lei 29/2020.

O titular da carteira sanitaria remarcou que a Xunta de Galicia non vai boicotear iniciativas que, por mal que foran formuladas e tramitadas, poden axudar e poden achegar recursos nun momento de grandes necesidades.

García Comesaña incidiu que, neste momento, o seu departamento está, en cada área sanitaria, en diálogo co seu persoal para estudar, en cada caso, o mellor xeito de integrar as novas contratacións, e avanzou que ten previsto que a integración dos MIR sen especialidade se faga de xeito prioritario en funcións non estritamente asistenciais en materia de saúde pública. Queremos que poidan apoiar o labor dos sanitarios nas tarefas que se teñen incrementado, tanto en primaria como nos hospitais, pola xestión da pandemia, -subliñou o conselleiro-.