O Sergas realizará un cribado en Carballo a partir deste xoves

1 minutes read
  • Ata o domingo, os veciños citados vía SMS deberán acudir ao centro de saúde de Carballo para realizar as probas

O Sergas procederá a realizar un cribado na localidade de Carballo entre este xoves e o domingo, para o cal varios veciños xa foron citados vía SMS. As probas realizaranse no centro de saúde de Carballo.

O alcalde, Evencio Ferrero, valora de forma moi positiva que por parte das autoridades sanitarias se decidise atender a solicitude deste cribado, e pide a todos os veciños que acudan á convocatoria. Por primeira vez dende o 22 de xaneiro, o concello baixa dos 300 casos activos de COVID-19, rexistrando este martes 284 positivos.

Desde a executiva local tamén destacan que para o xoves está prevista unha nova xuntanza da comisión de seguimento da COVID-19 para facer un balance da situación e revisar as novas medidas establecidas pola Xunta de Galicia, que entraron en vigor ás doce da noite deste mércores.