O Sergas reformará os centros de saúde de Cee e Coristanco

1 minutes read
  • As actuacións previstas, que serán cofinanciadas cos respectivos concellos, van permitir mellorar as dotacións e infraestruturas dedicadas á atención asistencial da cidadanía dos mesmos.

Os convenios foron asinados polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e os alcaldes dos respectivos concellos. Margarita Lamela Louzán, de Cee e Juan García Pose, de Coristanco.

Na reforma do centro de saúde de Cee, o Sergas investirá 16.740 euros, e outro tanto o fará o Concello. Estas obras suporán a reforma do teito, o pintado interior do centro de saúde e o cambio de radiadores.

No centro de saúde de Coristanco, o investimento do Sergas será de 14.948 euros, e a mesma cantidade achegará o Concello. Este orzamento dedicarase a reformar a carpintería exterior e interior, a substitución das billas que se atopen en mal estado e á instalación dun acumulador eléctrico na sala de descanso do persoal.

Todas estas reformas que o Sergas cofinanciará con estes concellos teñen por obxecto dar unha mellor resposta aos problemas de saúde destes municipios, por medio de actuacións que van permitir mellorar as dotacións e infraestruturas dedicadas á atención asistencial da cidadanía dos mesmos.