O Sergas reprograma cirurxías non urxentes para garantir camas fronte á Covid

1 minutes read

O Servizo Galego de Saúde está a aplicar o aprazamento de determinados actos cirúrxicos que permitan demora. Trátase de cirurxía con ingreso complexo que poden requirir no post operatorio o uso de camas de críticos. Desta maneira, afirman desde o Sergas, aquelas intervencións cirúrxicas cuxa reprogramación non xera complicación algunha de tipo clínico na natureza médica da mesma, aprazaranse a días próximos co obxectivo de garantir a dispoñibilidade do número de camas que puidesen ser necesarias para enfrontarnos á terceira onda da pandemia. No momento actual, as áreas sanitarias que reprogramaron a súa actividade cirúrxica son as de Ferrol, Santiago e A Coruña. Nas áreas de Santiago e A Coruña os quirófanos reprogramados serán usados para facer procedementos de cirurxía maior ambulatoria, podendo aumentar incluso o número de pacientes operados.