41
- Sinala que as baixas e corentenas por Covid-19 dificultan cubrir estas prazas en toda a zona
A partir deste xoves o servizo de pediatría en Camariñas volverá a estar activo todos os días durante catro horas, como viña sendo habitual. Así o anunciou o Concello despois de recibir resposta do SERGAS ante a reclamación realizada este luns pola rexedora, Sandra Ínsua, quen destacaba que a falta deste servizo estaba provocando que familias da localidade tivera que recurrir á sanidade privada.
O Servizo Galego de Saúde informou que as baixas e corentas por Covid-19 complican cubrir as ausencias de pediatras en toda a zona.