O Sergas traballa nunha aplicación para facer un seguimento da diabetes a través do móbil

O departamento galego de Sanidade está a deseñar unha aplicación que permita a pacientes e a profesionais sanitarios realizar un seguimento da diabetes a través do teléfono móbil. O obxectivo é introducir unhas pautas para mellorar o control da enfermidade no día a día e que, no caso de que a ferramenta tecnolóxica detecte algunha alerta, se notifique de inmediato ao seu médico. A través da mesma poderanse incorporar de xeito automático as medicións continuas de glicosa ao historial clínico.
O Sergas está a traballar nunha nova actualización do proceso asistencial integrado da diabetes mellitus tipo 2, e ten en marcha un concurso centralizado para sensores tipo flash e outro para bombas de insulina.
O conselleiro de Sanidade, Julio García, remarcou este xoves que Galicia fixo dos avances tecnolóxicos un dos maiores e tamén mellores aliados á hora de tratar a diabetes, incidindo, ademais, en que a diabetes mellitus ocupa o cuarto posto como causa de morbilidade crónica e o sexto lugar como causa de mortalidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha