O Sergas volve a prorrogar os contratos temporais do persoal con coronavirus

Consulta do Sergas

  • Coa anterior medida, os traballadores perderían o 25% do seu salario

Este martes a redacción de NHDIARIO facíase eco da denuncia da CIG sobre a situación laboral do persoal sanitario que traballa no Servizo Galego de Saúde (Sergas).

En concreto, o sindicato aseguraba nun comunicado que o Sergas non prorrogaba o contrato do persoal temporal que traballaba nas unidades de COVID-19 se estaban cunha baixa por incapacidade temporal (IT) por contaxio do virus.

Con esta medida, estes traballadores deixaron de computar este período de incapacidade temporal como servizos prestados a efectos de baremación para as oposicións e perderon o 25% do seu salario.

Pero esta situación mudou, segundo informan este mércores desde o xornal Praza Pública, quen tivo acceso á unha circular da xerencia do Sergas na que aclara que o persoal temporal que estea de baixa ou illamento polo coronavirus manterá a súa relación laboral co Sergas, que lle será prorrogada, polo menos, ata que reciba a alta médica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha