O servizo de atención psicolóxica do 112 atende a máis dun cento de persoas

Foto.- dpm.

O servizo de atención psicolóxica posto en marcha en Galicia a través do teléfono 112 atendeu máis dun cento de chamadas nesta primeira semana en funcionamento. Os efectos do illamento social e a vulnerabilidade ante o virus motivan boa parte das consultas. Ana Núñez Rubines, coordinadora do operativo explica “o medo ao contaxio: síntomas de ansiedade, palpitacións, dificultades para respirar e sensación de mareo. Tamén estamos recibindo peticións de asesoramento para acompañar na distancia as persoas maiores. Durante as 24 horas do día, expertos en intervención psicolóxica en catástrofes e en emerxencias escoitan e ofrecen asesoramento. A consulta teléfonica obriga os profesionais a suplir a falta de contacto físico co paciente. Reciben chamadas de persoas de todas as idades pero o perfil maioritario é o dunha muller de entre 50 e 60 anos con sintomas de anisedade, medo a soidade ou preocupación polo futuro.