O servizo de atención temperá da Costa da Morte programa unha visita ao Aquarium Finisterrae

  • A actividade terá lugar este sábado e habilitarase transporte con paradas en Cee e Vimianzo

Con motivo do Día da atención temperá, que se conmemorará este xoves, o servizo que abrangue a Costa da Morte programou para este sábado unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña.

Para facilitar que asistan todas as familias a esta primeira viaxe ofrecerase transporte. Realizaranse dúas paradas: unha na estación de autobuses de Cee (saída ás 10 horas) e a outra na parada de autocares fronte ao SAT en Vimianzo (saída ás 10:45 horas).

A visita ao Aquarium está prevista para as 12 horas e, se fai bo tempo, xantarase no merendeiro da praia de Lapas (xunto ao acuario).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha