- O concello renova e amplía as instalacións municipais cun investimento de 1,7 millóns de euros
Na súa aposta por unha mobilidade sustentable, o Goberno de A Coruña renovará e ampliará o servizo municipal de BiciCoruña con 32 novas estacións ata alcanzar as 55, e ademais contará con 514 bicis, 172 eléctricas. O Concello investirá un total de 1,7 millóns de euros.
O Goberno deulle luz verde o pasado mércores á contratación da subministración de bicicletas, postos de ancoraxe, sistemas tic e software de xestión para o servizo de bicicletas de uso público da Coruña, financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
A cidade dispón na actualidade de 23 estacións, que se situarán na mesma localización e que se renovarán para poder implantarlles o novo sistema de xestión, ás que se sumarán cinco máis da iniciativa Pedalea coa UDC na Maestranza, Cidade Escolar, Campus de Elviña 2, Campus da Zapateira e Oza.