O servizo de socorrismo comeza a funcionar nas praias de Ponteceso

Así o confirmaba o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, que explica que o servizo de socorrismo está xa dispoñible nas praias: «ademais de en Balarés, A Ermida e O Osmo, que contan co distintivo de bandeira azul, este tamén funcionará en Niñóns durante as fines de semana en horario de tarde». O rexedor apunta que, ademais desta prestación, o Concello colocará servizos en todos os areais e disporá, así mesmo, dunha nova zona de sombra na de Niñóns.

No caso das praias con bandeira azul, o servizo de socorrismo estará dispoñible todos os días en horario de 12.00 a 20.00 horas. En Niñóns, este persoal traballará durante as fines de semana en horario de tarde. Esta prestación comezou a funcionar a pasada fin de semana e estará operativa ata o domingo, 14 de setembro.

O Concello disporá, así mesmo, de baños en todas as praias que se limparán de xeito diario para que estean en perfectas condicións para os bañistas. Así mesmo, como novidade con respecto a outras tempadas estivais, habilitouse unha zona de sombra en Niñóns para favorecer o acceso a estadía das persoas con discapacidade.

Con estas medidas, búscase «non só manter os tres distintivos cos que xa conta o municipio, senón ir un paso máis aló e conseguir que a de Niñóns forme parte do listado de areais recoñecidos», subliña o primeiro edil.

Related posts

Vimianzo contará cunha sede da UNED para impartir de forma presencial cursos e actividades universitarias

A laracha destinará os fondos do POS+ 2026 integramente a gasto corriente

A mostra de cine Amal en Ruta volve a Carballo para achegar a situación do pobo palestino