O Servizo Galego de Saúde aproba unha nova convocatoria de procesos selectivos

Imaxe dunhas oposicións convocadas polo Sergas_Fonte: xunta.gal

Celebrada unha nova sesión da Mesa Sectorial de negociación do Servizo Galego de Saúde (Sergas), a través de videoconferencia, presidida pola directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña Álvarez, e coa asistencia dos representantes das organizacións sindicais integrantes da mesa: CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT.

Tras analizar as alegacións sindicais, a Administración sanitaria aprobou a convocatoria de 320 novas prazas de emprego público, co fin de que as persoas interesadas en participar nos procesos de selección poidan acceder á condición de persoal estatutario fixo do Sergas. As categorías que se van convocar desagréganse do seguinte xeito:

  • Persoal médico especialista de hospital nas especialidades de cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora; inmunoloxía e oncoloxía radioterápica (21 prazas entre todas as especialidades)
  • Persoal das tecnoloxías da información (informática): técnico superior, de xestión e especialista de sistemas e tecnoloxías da información (24 prazas entre as tres categorías)
  • Traballador social (46 prazas)
  • Condutor (12 prazas)
  • Costureiro, lavandeiro e pasador de ferro (21, 39 e 45 prazas, respectivamente)
  • Calefactor, electricista, fontaneiro e mecánico (37, 38, 18 e19 prazas, respectivamente).