Así, consegue adiantar en preto de mes e medio, o prazo establecido como primeiro obxectivo, que se debía acadar antes de chegar ao remate do ano 2021.
Ademais, o Sergas continúa a avanzar no proceso de recuperar á normalidade asistencial, ao acadar que o 87% das consultas solicitadas pola poboación galega sexan atendidas en menos de catro días.
Así mesmo, na área sanitaria da Coruña e Cee o 85% das solicitudes son atendidas antes dos dous días e, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, o 92% das citas médicas tamén teñen lugar antes deste prazo.
Co obxectivo de seguir a mellorar a calidade asistencial no ámbito sanitario máis próximo á cidadanía, Sanidade continúa a executar os acordos e os compromisos establecidos no Plan definido para a atención primaria. Nesta liña, antes do verán incorporáronse as súas prazas 254 médicos de familia, 93 pediatras de atención primaria, 30 enfermeiras especialistas en medicina familiar e comunitaria, 126 PSX e 7 odontólogos de atención primaria.
