O servizo de limpeza de montes de Camariñas revisou máis de 600 parcelas no 2020

Parcela limpia_Ayuntamientoo de Camariñas

  • O Concello iniciou as notificacións dos propietarios infractores

O Servizo de Planificación Preventiva e Limpeza de Montes do Concello de Camariñas, subvencionado pola Xunta de Galicia, revisou más de 620 parcelas do municipio no ano 2020. Gran parte delas foron limpadas polos seus propietarios conforme á Lei de Prevención de Incendios de Galicia. Este servizo seguirá revisando novas zonas ata marzo.

Nas parcelas sobre as que se efectuou unha comunicación previa de que non se cumpriu coa xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, estanse a realizar os expedientes que corresponden para executar subsidiariamente estas labores. O Concello de Camariñas iniciou xa as notificacións dos propietarios infractores que deberán executar as súas obrigas en 15 días.

Se os propietarios se manteñen no incumprimento a pesar de ser notificados, estes deberán correr cos gastos da limpeza que efectuará a administración local, podéndoselles aplicar a sanción correspondente.

Desde o Concello tamén lembran que o 31 de maio deste 2021, como cada ano, os propietarios/as deben ter xestionadas as parcelas ubicadas en faixas secundarias arredor dos núcleos ou das vivendas illadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha