O simposium Urban Solutions presentará en Santiago como serán as cidades do futuro

1 minutes read

A Cidade da Cultura de Santiago acollerá do 4 ao 6 de outubro a segunda edición do simposium Urban Solutions, organizado pola Agrupación industrial de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal). Durante tres días, este congreso converterá a Compostela nun punto de encontro no que se darán cita os mellores profesionais e as empresas máis innovadoras da Península Ibérica, que aproveitarán para presentar ás Administracións e ao público en xeral os seus últimos avances para o deseño, planificación e desenvolvemento das cidades do futuro.

“Queremos dar a coñecer o coñecemento dos profesionais e a empresas que se encargarán de definir, deseñar, planificar e crear unha urbe eficiente, intelixente, conectada, innovadora e accesible para os cidadáns”, explica Roberto Carlos González Fernández, director de Urban Solutions. “Os asistentes ao simposium poderán coñecer todo sobre as tendencias e as mellores solucións técnicas para as cidades en campos como o enerxético, a mobilidade, os parques urbanos, as infraestruturas, a sustentabilidade e a iluminación”, engade Roberto Carlos González.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?