O sindicato PROSAGAP denuncia que o SERGAS rescinde contratos de persoal tras a baixada do pico da pandemia

1 minutes read

O sindicato dos profesionais da sanidade pública galega (PROSAGAP) denunciou este xoves públicamente “un novo episodio de abuso” por parte do SERGAS logo de que a Xerencia de Santiago rescindise unilateralmente, e dun día para outro, as prórrogas xa asinadas dos contratos de persoal sanitario. Tal e como informa a central sindical, a xerencia ofreceu o seguinte argumento: “Neste momento sobra xente, pero non desbotamos que nuns días a teñamos que volver chamar”.

“Estes profesionais, a maioría de enfermería, estaban a traballar en plantas COVID e tiñan asinada unha ampliación do seu contrato dende o 16 ata o 30. Se lles comunicou que ditas ampliacións quedaban anuladas de xeito unilateral”, explican dende o PROSAGAP. O sindicato cualifica esta decisión de “despropósito” e “temeridade”. “Voltamos indicir en que é necesario, máis que nunca, unha política de emprego que protexa e facilite a labor dos traballadores e traballadoras da sanidade pública”.

Rectificación

A última hora deste xoves houbo unha nova reunión entre as partes, tras a que se lles comunicou a «rectificación» do criterio. Así, mantívoselles en vigor o contrato asinado para a segunda quincena do mes (a partir deste xoves, 16 de abril), e déuselles como «días libres» este mesmo xoves e o venres 17, xornada na que está previsto que as chamen e comuníqueselles en que quenda e planta serán recolocadas.