O sistema de xestión integral da demanda en equipo do Sergas supera o millón de consultas tramitadas

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares, presentou no Principado de Asturias, o modelo organizativo para mellorar a xestión da demanda (XIDE), que leva funcionando na atención primaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) desde hai máis dun ano e que xa superou o millón de citas tramitadas.

Estas Xornadas Técnicas da Asociación de Calidade Asistencial do Principado de Asturias abordaron de xeito monográfico o XIDE, debido ao interese espertado a nivel nacional.

Así, a Consellería de Sanidade está a recibir moitas peticións de diferentes comunidades autónomas e foros profesionais, para coñecer en profundidade o sistema XIDE en canto ao seu deseño, implantación e resultados. Desde que se implantou a xestión integral da demanda en equipo na atención primaria do Sergas, este sistema xa foi presentado aos Servizos de Saúde do País Vasco, Madrid, Cataluña e Murcia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha