O sistema eCall pasou un aviso dun accidente de tráfico en Ponteceso con catro feridos

1 minutes read

Este sistema de chamada de emerxencia permitiu a un dos ocupantes contactar co 112 Galicia e coñecer axiña a súa localización, na AC-419, en Tella, no concello de Ponteceso.

Durante a comunicación, o alertante, aseguraba que todos os ocupantes estaban fóra do vehículo.

Así, nada máis recibir a chamada de emerxencia, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos Bombeiros de Carballo e dos membros de GES de Ponteceso.

Unha vez no lugar dos feitos, os membros do GES indicaron que non foi preciso o uso de material de excarceración, iso si, confirmaron o traslado dos catro ocupantes ao centro hospitalario de referencia.