O SLG demanda unha valoración dos danos provocados polas treboadas

Cedida.

Os episodios de fortes treboadas con choiva e aparato eléctrico desatados nos últimos días están afectar de xeito directo á produción de alimentos en Galicia, presentándose casos de graves perdas ao longo de todo o territorio e impactando en distintos sectores produtivos. Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) solicitan á Consellaría do Medio Rural que proceda a realizar unha valoración de danos nos cultivos e nas granxas, así como a apertura dunha liña específica de axudas, a fin de contar cun estudo de danos e proceder á indemnización ás granxas por estas perdas. Asemade, consideran imprescindíbel a creación dun espazo específico de análise, seguemento e actuación que permita anticiparnos ás consecuencias desta alteración meteorolóxica no sector produtor de alimentos, un órgano de traballo constituído por referentes científicos e representantes das labregas e labregos, que elabore estudos prospectivos e propoña medidas que permitan que as granxas poidan adiantarse a futuros prexuízos derivados do actual quecemento global.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha