O socialismo vence nas presidenciais de Portugal

O exministro socialista António José Seguro gañou con claridade a segunda volta das eleccións presidenciais en Portugal, ao lograr un 65,72% dos votos, co 93,68% escrutado, fronte ao 34,28% obtido polo ultradereitista André Ventura. A votación transcorreu «con normalidade e sen apenas incidentes», a pesar de que houbo que cambiar a localización dalgunhas mesas de voto nas zonas máis afectadas polos temporais, dixo a voceira da Comisión Nacional de Eleccións (CNE), André Wemans. Este resultado xa o apuntaban as enquisas realizadas a pé de urna e publicadas polos diferentes medios. Enquisas que prognosticaban que o candidato socialista, António José Seguro gañaría por unha maioría fronte a o candidato de Chega, André Ventura. En concreto a enquisa realizada pola Universidade Católica para a televisión pública portuguesa RTP, dalle ao candidato socialita un intervalo de votos que vai entre o 68 e o 77 por cento. 

Related posts

12 Medallas e 3 rércods da A.D. Fogar no Galego Júnior de Inverno de natación

O PP gaña sen maioría en Aragón e dependerá de Vox para gobernar

El servicio jurídico de Vieiro atendió a 40 personas de toda la Costa da Morte durante el año 2025