56
- A candidatura que encabezaba recibiu 1.560 votos dos 1.600 emitidos.
O socialista Alberto Varela é dende este venres o presidente dos alcaldes galegos. No seu primeiro discurso falou dos retos do seu mandato, entre os que sitúa o avellentamento, a loita contra a desigualdade e o cambio climático e darlles aos concellos máis autonomía e autosuficiencia financeira.
«Non podemos cargar cada vez con máis responsabilidades sen poder decidir e sen obter os fondos para exercelas eficientemente. Non podemos nin debemos ser o armario en que gardar as competencias que ninguén quere nin o bombeiro que os demais prefiren non tocar», reclamou o presidente da Fegamp na súa presentación.