O socialista Jaume Collboni foi elixido este sábado novo alcalde de Barcelona

1 minutes read

Foi posible grazas ao apoio in extremis do partido de Ada Colau e do PP, que impediron ao candidato de Junts, Xavier Trias, facerse coa vara de mando. Nun Saló de Cent do Concello de Barcelona repleto de líderes políticos cataláns, como Oriol Junqueras, Laura Borràs, Jordi Turull ou Artur Mas, celebrouse a sesión constitutiva do novo consistorio, marcado por un xiro de guión no último momento. O novo rexedor obtivo, en votación secreta, 23 votos, fronte aos 16 de Xavier Trias e os dous do candidato de Vox, Gonzalo de Oro-Pulido.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?