José Tomé é xa o novo presidente da Deputación de Lugo tras unha sesión que transcorreu sen sorpresas, pois saíu elixido cos trece votos dos deputados do seu partido e do BNG, que suman maioría absoluta fronte aos doce do PP.
Tomé tomou posesión do seu cargo nun paraninfo de San Marcos, que pola ocasión estivo abarrotado, un público que contaba coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; do secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, e de dous anteriores presidentes socialistas do ente provincial, José Ramón Gómez Besteiro e Darío Campos.
Os tres deputados nacionalistas tomaron posesión do seu cargo prometendo por imperativo legal.