Derrota contundente a sufrida na xornada deste domingo pola SD Sofán ante o Viveiro C.F. O conxunto carballés fixo unha boa primeira metade e incluso empezou poñéndose por diante no marcador nun tiro de Paulo no 26′. Pero, pouco lle durou a alegría, o Viveiro empatou o partido no 32′ e púxose por diante antes do descanso, cando no 38′, e tras varios rexeites o balón lle chega a Sidi que bate a Brais para poñer o 2-1. Así remataba a primeira metade. Tras a reanudación chega o empate nun corner botado por Martín e que remata Becerra para poñer o empate no luminoso. Pero unha vez mais o Viveiro conseguiu adiantarse con gol de Tichu no 55′, de novo Sidi no 61′ e cerraba o resultado Rolle poñendo o definitivo 5-2 no marcador no minuto 92.
50