O Sofán cae goleado en Cangas ante o Alondras (4-1)

1 minutes read

O Alondras recibía este domingo no seu campo ao Sofán (17:30) nun partido repleto de urxencias para os dous equipos, ambos sumidos na zona do descenso ao comezo do encontro. A escuadra canguesa encadeaba a friorenta de 14 xornadas consecutivas sen gañar. Reencontrarse co triunfo era capital para os branquivermellos, pero moito máis ante un cadro carballés que tamén apuraba as súas últimas opcións de salvación.

Tras unha primeira media hora de tanteos e sen asumir riscos, o Alondras só se achegaba á meta de Julián en accións a balón parado. Foi na última xogada antes do descanso cando marca Iago Pérez de falta para poñer o 1-0. Tras o descanso pronto chegou o 2-0 cun penalti que transforma Maurito. Foi no minuto 69 cando Kolie realiza unha boa xogada, vaise dos centrais e marca no man a man co porteiro local, 2-1, e con tempo por diante a SD metíase de novo no partido. Pero só foi un espellismo porque no 71 Javi Pereira finalizaba unha boa contra chegando dende segunda liña para poñer o 3-1. E o gol definitivo chegou no minuto 76 por medio de Firi.

Así as cousas, o Alondras sae da zona vermella ao posto 12 con 30 puntos. mentres a SD afúndese un pouco máis de pechacancelas con 17 puntos. Tócalle seguir remando ao Sofán, este sábado visita O Carral un dos candidatos firmes ao título, O Somozas, que vai segundo na xeral con 56 puntos.