O Sofán cae na casa ante o Choco, (1-3)

1 minutes read

O equipo carballés non se encontrou cómodo o longo do encontro e sufriu unha dura derrota fronte a un Choco que conseguiu unha xusta victoria. O equipo visitante abriu o marcador convertendo un penalti por medio de Caloi no minuto 10.

A SD lograba o empate cun centro de Raúl ao que chega a Fita para bater a Cortegoso dentro da área pequena no minuto 25, resultado co que se chegaría ao descanso.

Xa na segunda metade, un disparo de Félix dende fóra da área adiantaba ao Choco no marcador, 1-2, no minuto 60. Aínda había tempo para a remontada, pero nunha contra a SD encaixaba o definitivo 1-3 por mediación de Capelo.

Toca tomar nota e poñerse a traballar de novo, o Sofán recibe este domingo ao Barco no Carral para intentar brindarlle un triunfo a súa afección.