O Sofán non puido co Alondras, (0-2)

1 minutes read
sofan 2021

O Carral presentaba un escenario perfecto este domingo para a práctica do fútbol, bo tempo, pouco vento, moita animación na bancada e unha SD con ganas de sumar ante a súa afección tras unha mala serie consecutiva de resultados. Pero a historia repetiuse e de novo haberá que esperar, o Alondras mostrábase intratable desde os primeiros minutos e un temperán gol de Vilán ao cuarto de hora escaso sobre o céspede poñía a primeira pedra polo medio para o conxunto local, a segunda chegaríalle do mesmo «canón» antes do descanso. Xa na segunda parte a SD tentouno, pero non puido, nin sequera recortar distancias nesta duodécima xornada da Terceira División. Con tan só un partido gañado, dous empatados e oito perdidos a SD Sofán é o pechacancelas da Clasificación do Grupo 1 con 5 puntos, ademais a próxima xornada enfrontarase ao líder da categoría, o Somozas. Pola súa banda o Alondras atópase no medio da táboa con 15 puntos.