O Polvorín adaptouse ben ao campo do Carral, a pesares de comezar cun resultado desfavorable no marcador, obra de Paulo no minuto 3 tras un roubo de pelota de Canedo. Tan só 7 minutos lle duraría a alegría no marcado á SD, no minuto 10 de partido unha acción rápida pola banda dereita deriva en penalti que transforma Rojo para poñer o empate no marcador 1-1. Sen tempo a recompoñerse, tres minutos máis tarde o Polvorín marcaba de novo o definitivo 1-2, foi nunha xogada pola banda que acabaría materializando Martín López. A SD non se veu abaixo e intentou bater a meta de Brais, pero sen éxito, o marcador xa non se movería. Toca pasar páxina e pensar na próxima saída coa intención de sumar a primeira vitoria, a cita será este martes fronte ao sempre complicado Choco, en Redondela.
40
