O Sofán perde pola mínima en Redondela ante o Choco (2-1)

1 minutes read

O Sofán caeu derrotado pola mínima no campo de Santa Mariña ante o Choco, e unha vez máis, tras comezar a SD poñéndose por diante, e cun home menos durante a 2ª metade. Porque os sofanistas empezaron con un bo ritmo e tras un par de boas accións chegaría o 0-1 despois dunha boa internada de Paulo que mete o balón na área pequena e que remata Fita o fondo das mallas. O Choco intentaba combinar no medio campo e chegadas por banda e a SD contiña os ataques, pero na última acción da 1ª parte, Fabián comete unha falta en banda que lle custa o 2° cartón. Con esta situación afrontouse a 2ª parte, onde a SD xuntou liñas para desbaratar o ataque do Choco que se volcou sobre a meta de Julián. No 62′ un balón en profundidade sobre Álex Perez e o árbitro pita penalti moi protestado. 1-1 e de novo a remar. A SD seguiu tratando de buscar o gol e nun saque de corner o balón pega no longueiro, bota na liña de gol e rexéitao Cortegoso con atrancos. E xa no 71′ Hugo Sanmartin pon o definitivo 2-1. Dura derrota da SD que fixo un gran esforzo e que volve de Redondela sen premio.