O Sofán perdeu 3-0 en O Viso

1 minutes read

25 minutos aguantou a SD coa portería a cero, pelexando e plantándolle cara ao rival, ata que Marcos Rodríguez estableceu o 1-0 en O Viso a favor do Arzúa. En apertos para o porteiro local, José Ramón, Eibe puido empatar antes do descanso, pero como di o devandito, valla a redundancia «para o pobre sempre é noite». O Sofán tentábao desde o inicio do partido, pero xa no minuto 54 un bo disparo tras unha acción de Brais pega en Fabián e pon o 2-0 no marcador. Xa todo moi costa arriba para sacar algo positivo a SD, o 3-0 definitivo chegaría por mediación dun zapatazo de Enjamio desde media distancia que se coa na meta de Álex López. Recta final da competición e a SD pide o apoio da afección para o próximo partido que xogará na casa, será este Xoves Santo contra o Atlético Arnoia.