O Sofán suma un punto ‘de ouro’ a domicilio en Ponteareas

1 minutes read

A SD Sofán logrou sumar un punto ‘de ouro’ nun campo moi complicado como é o Municipal de Ponteareas e máis se cabe por como se chegou a ese tramo final. O equipo do Sofán entrou ben no partido, con fluidez no dominio do balón e presión polas bandas na área do seu rival, aínda que cunha escasa finalización. Algo parecido lle pasaba ao conxunto local, pero coa diferenza de ser quen de materializar un gol no minuto 38, que obrigaba á SD a recompoñerse e remar contra marea.

Tras o paso por vestiarios o mister moveu o banco, dando entrada a Gallego, Raúl e Fita, o Juvenil apretaba, chegando Cora a estrelar un tiro na madeira. Á falta de 15 minutos Gody derriba a Cora nunha disputa dentro da área e o colexiado sinala penalti deixando ao Sofán con 10. Todos os boletos en contra para a SD, pero o Juvenil non materializou a pena máxima e o Sofán veuse arriba. No minuto 88 un cambio de orientación de Gallego sobre Martín, que supera a súa marca, mete un balón na área pequena para que o remate precisamente Gallego, quen establecía o definitivo 1-1 no marcador. Punto de ouro nun campo difícil, con un xogador menos e facendo un gran esforzo a SD.

Unha SD Sofán que non terá tempo a relaxarse, esta semana ten cita dobre, o mércores fronte ao Choco ás 20:00 horas na casa e o domingo 20 no Fortín ante o Barco.