O Sofán sumou un punto na casa contra o Arzúa, (2-2)


Reparto de puntos (2-2) en O Carral en partido xogado este sábado contra o Arzúa, nunha tarde fría, pero cunha moi boa entrada. A SD fixo unha boa lectura do rival e do partido que lle esperaba e dominaron o duelo en varias facetas dos 90 minutos. Moi enchufados, á SD chegoulle o premio no primeiro cuarto de hora por mediación de Martín, 1-0 chegábase ao descanso. Xa na segunda parte, aos 10 minutos empataba o Arzúa por mediación de Brais. Táboas no marcador e volta a empezar, A SD non baixou os brazos e froito diso lograba impoñerse por mediación de Iván tras un saque de esquina, 2-1. Cando xa parecía que non había tempo para máis, a vitoria se lle esfumou ao Sofán nunha xogada con polémica por mediación de Chiño. 2-2 no marcador, a pelexa continuaba, pero xa non houbo tempo para máis.