‘O Son das letras’ | Con Clara Jelihovschi e Marianna Prjevalskaya, no Castelo de Vimianzo

1 minutes read

A área de Patrimonio da Deputación aposta pola música clásica para impulsar o programa ‘O Son das letras’, que chegará ao Castelo de Vimianzo o 4 de xuño. A cita será ás 20:00 horas, e o acceso é libre ata completar aforo. As protagonistas serán a soprano Clara Jelihovschi e a pianista Marianna Prjevalskaya. No programa executaranse pezas como «Mercè dilette amiche», de Giuseppe Verdi; «Tu che di gel sei cinta» de Puccini; «Rosa de abril», de Andrés Gaos; «Campanas de Bastavales», de Cameyro o «Soedades», de Marcial del Adalid. Ata un total de catorce pezas nun escenario no Castelo vimiancés.

Ademais de Vimianzo, tamén poderán gozar desta actuación o Concello de Brión, na igrexa de Bastavales, o 17 de maio conmemorando o Día das Letras Galegas e o Concello da Coruña o 25 de xuño no Teatro Colón.