O sorteo do Neno roza Galicia, en Carballo foi vendido un décimo do 3º premio

O sorteo Extraordinario da Lotería do Neno deixou este mércores miles de euros por toda Galicia. O primeiro premio, dotado con 2.000.000€, tocou no 19570, e caeu en varias vilas galegas: Tomiño, As Pontes, O Porriño, Mondariz e Burela. O segundo, de 750.000€, foi para o número 03436, e caeu en Cangas. O terceiro premio, dotado con 250.000€, tocou no 05587 e caeu por Boiro, Carballo, Guitiriz, Muíños, Leiro e Lugo.

Carballo segue a senda da boa sorte

Tras un décimo dun quinto premio vendido en Bértoa no sorteo do Nadal, a sorte elixiu de novo a capital de Bergantiños para facer parada, aínda que non fose moito, menos dá unha pedra. En Carballo foi vendido un décimo do número 05587, agraciado co terceiro premio, polo que ao seu depositario correspóndenlle 25.000 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha