O sospeitoso do asasinato de Cristina Cabo coñeceu a vítima a noite do crime


O Corpo Nacional de Policía (CNP) confirma que o principal e único sospeitoso do asasinato de Cristina Cabo Buján, no seu domicilio de Lugo, coñeceu a vítima a mesma madrugada en que se produciu o crime, sen que existise previamente entre eles “ningún contacto nin coñecemento previo”.

O sospeitoso, de 32 anos de idade, foi detido este martes. Segundo informa a Comisaría Provincial de Lugo nun comunicado, no rexistro da súa vivenda foron “intervidos diferentes efectos, entre eles o computador portátil da vítima”.

O home permanece retido nos calabozos da Comisaría Provincial de Lugo, á espera de pasar a disposición xudicial, o que está previsto para este xoves.

Fontes da investigación tamén precisan que o sospeitoso foi delatado por xente da súa propia contorna, o que facilitou a súa detención.