O Tribunal Supremo decidiu abrir xuízo ao fiscal xeral de Estado, Álvaro García Ortiz, por presunta revelación de segredos en relación coa investigación que pesa sobre a parella da presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. O fiscal foi acusado de facilitar a un medio de comunicación o contido dun correo de Alberto González Amador, quen se atopa baixo investigación polos presuntos delitos de fraude fiscal, corrupción nos negocios e administración desleal. A pesar da apertura do xuízo oral, o maxistrado Hurtado descartou suspender a García Ortiz de maneira cautelar, aínda que si que lle impuxo unha fianza de 150.000 euros para facer fronte a posibles responsabilidades pecuniarias. De manterse no cargo, sería a primeira vez que en España un fiscal xeral do Estado se senrte no banco, salvo que presente a súa dimisión antes.
13