O Supremo confirma a derrota xudicial da Xunta no seu intento de impedir a emisión de CUAC FM

2 minutes read

A Xunta de Galicia continúa dando paus de cego e de bruzos contra a sua política de medios de comunicación radiofónicos e televisivos. Si non eres “amigo” fanche mirar con lupa ata o último papel, incluso con amedrentamento de sancións desorbitadas como o caso de Cuac Fm entre outros.

Nón somos todos iguais ante esta Ley

Si eres “amigo” adáptase a normativa para que as licencias estean en poder de grandes grupos editoriais ainda que sexan paradas ou non creen nin empresa nin un só postro de traballo.

De feito, ahí están concedidas as licencias de televisión autonómica, paralizadas, donde nin a marcas Popular Tv nin Vtelevisión foron quen de consolidar un proxecto de futuro nin a medio nin a curto prazo. En medio de todo iso, a multinacional Filmax quedou as portas de que o Goberno Fraga “en funcións” lle concedera no 2005 unha licencia para poder emitir.

Logo de varios meses, ou anos no caso de Popular Tv, a pantalla segue en negro, as inversións no limbo e os centos de postos de traballo que ofrecían nos seus proxectos, na casa.

Parece que para poder avanzar, haberá que cambiar, e nón de canle precisamente, senón de Goberno. Despois como agora, faremos balance do que fixemos mal. Moito señores meus, moito. Que lle pregunten aos votantes de Vigo, ou os de Carballo.

A Xustiza empeza a facerse eco dalgunha destas desfeitas. Xa é sentenza firme. O Tribunal Supremo vén de inadmitir o recurso que a Xunta presentara contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que recoñeceu o dereito de CUAC FM a emitir en frecuencia modulada. A providencia da Sala Primeira do Contencioso Administrativo, asinada por 6 maxistrados, imponlle ademais ao Goberno galego o pago de costas procesuais ata un máximo de 1.000 euros. (Cando a multa que intentaba impoñerlle a Xunta á emisora era de cen mil).

Cabe facer fincapé no “malgasto de recursos públicos na persecución dunha iniciativa de comunicación cidadá, e en contra dunha interpretación expansiva dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas”.

A Secretaría Xeral de Medios infrinxiu a Constitución

Así mesmo, a Sala considera que a Secretaría Xeral de Medios infrinxiu o artigo 20 da Constitución española, ao vulnerar o dereito das persoas á liberdade de expresión e a recibir e comunicar libremente información. Por tanto, apunta que a Administración autonómica contraveu “os preceptos legais que constitúen unha garantía temporal de emisión para a actividade de libre expresión e comunicación de información e de creación e uso de medios de comunicación, en este caso dos servizos de comunicación audiovisual comunitarios”.