Esta decisión histórica chega despois dos recentes tiroteos masivos que reabriron o debate sobre o control das armas. O alto tribunal de maioría conservadora pronúnciase así en contra dunha lei de Nova York que obriga a levar o armamento oculto pola rúa. A polémica decisión que dá a razón a dous particulares da Asociación Nacional do Rifle pode ter implicacións noutros sete estados con leis similares. Chega nun momento no que os demócratas ultiman un acordo de mínimos cos republicanos para regular o control de armas e despois dos masacres de Búfalo e Uvalde. O presidente Biden sinalou que a sentenza contradi o sentido común.